Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2023

TERRO · 1

Imaxe
Luisa e Celedonio vivían nun planeta plano. Case que redondo, pero non esférico. Un planeta con dúas caras. Dúas caras de arriba e dúas caras de abaixo. Dependendo da época do ano. O planeta chámase Terro, así lle puxeron os seus habitantes, os terróns. Non está nunha galaxia moi lonxe. E non xira ao redor dunha estrela, como fan moitos. E a súa estrela, que lle chaman Sola, a que da voltas ao seu redor. Unha estrela cadrada, por certo. Non cúbica, cadrada, tamén plana. Hai moito tempo, nos inicios da súa civilización, cando aínda crían en cantantes, futbolistas e actores, todos os terróns afirmaba que o seu planeta era redondo. Redondo en tres dimensións. Unha esfera. Ou case. Os experimentos iniciais colocando puntos de observación a moita distancia uns dos outros daban como resultado que segundo se ían afastando, deixaban de verse. Como se foran afundíndose. Pero non, era un efecto óptico, debido á refractancia do chan coa capa de gases superiores, e un defecto de visión, pola circ...

IXTORIAX

Imaxe
Pensamos cousas. Intentamos estruturalas e pasalas a limpo. Formulando teorías ou propoñendo xeitos de ver o mundo. E aparecen, non sempre, non todas, na Escola Nudista. Soñamos cousas. Durmidas ou espertas. E as veces, somos quen de poñelas branco sobre negro. Con máis ou menos ritmo, que nos din para onde van ir. Até agora era en Xainín ou en Círculos. Pero cada vez soñamos máis. Damos en pensar que isto ten a ver con que a realidade é cada vez máis ficción. Abrimos un novo escaparate, onde poder ir ofrecendo á vista ixtoriax , de vidas, de mundos, de tempos. Porque sabemos que se as deixamos no caixón da memoria dixital, acabaremos esquecéndoas. Compartilas... vainos obrigar a seguir manténdoas vivas. Ou fará que alguén decida darlles máis vida. Sempre fomos máis de empezar cousas que de rematalas.