Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2023

SETE · 1

Imaxe
No 2032 apareceron os primeiros casos. En tres meses, o andazo estendeuse a todo o planeta e non houbo quen lle atopara remedio. O mesmo mal foi quen o impediu. Só unhas poucas persoas resultaron inmunes. Ou non lles afectou porque xa vivían así.  O 7 de abril de 2032 o maquinista do tren de alta velocidade que cubría a liña da Coruña a Barcelona foi desconectando todos os elementos baixo o seu mando até que deu en parar o convoi enteiro, entre dúas estacións da provincia de León. Non houbo ninguén ferido. O resto dos trens que tiñan que usar esas vías foron detidos polo sistema de control ou desviados por outras liñas. A xente baixou no medio do campo. Sen saber o que acontecía nin que aquel suceso era o primeiro do que sería común nuns meses en todo o mundo. Algúns se dirixiron á cabina. Alí estaba, sentado, sen ningún síntoma de estarlle pasando nada, mirando a quen lle miraba, e falando con coherencia, o maquinista. Respondendo igual que o faría durante as seguintes tres semana...