Publicacións

MEIGA · 1

Imaxe
Cando era nova gustábanme as historias de maxia. Na adolescencia, a negra. Pero antes e despois sempre preferín a branca. A das meigas das que me falaba a avoa cando tiña ocasión. Aquelas tardiñas diante da lareira de pedra na cociña da casa de Noisame. A que lindaba por diante coa estrada que ia e viña á vila. Por detrás co río de pedra e ferro polo que circulaban os vagóns amodo. Antes da curva. Cando os miraba pasar, sobre todo de noite, a xente que aparecía nas fiestras, contaba historias de vidas en outros mundos. Cada quen a súa. Eu imaxinaba sempre que algún día sería pasaxeira nun deses vagóns. Máis que fuxiría pola estrada. As estradas levan a sitios concretos, os trens parece que te levan a calquera sitio, incluso a algúns de conto. Ou iso pensaba eu daquela. Despois marchei, nun autobús, pola estrada cara a vila. Da vila á unha cidade que non coñecía e da que apenas escoitara falar. A estudar bacharelato, nun colexio de monxas e curas, cunha aparencia sinistra a primeira...

TERRO · 1

Imaxe
Luisa e Celedonio vivían nun planeta plano. Case que redondo, pero non esférico. Un planeta con dúas caras. Dúas caras de arriba e dúas caras de abaixo. Dependendo da época do ano. O planeta chámase Terro, así lle puxeron os seus habitantes, os terróns. Non está nunha galaxia moi lonxe. E non xira ao redor dunha estrela, como fan moitos. E a súa estrela, que lle chaman Sola, a que da voltas ao seu redor. Unha estrela cadrada, por certo. Non cúbica, cadrada, tamén plana. Hai moito tempo, nos inicios da súa civilización, cando aínda crían en cantantes, futbolistas e actores, todos os terróns afirmaba que o seu planeta era redondo. Redondo en tres dimensións. Unha esfera. Ou case. Os experimentos iniciais colocando puntos de observación a moita distancia uns dos outros daban como resultado que segundo se ían afastando, deixaban de verse. Como se foran afundíndose. Pero non, era un efecto óptico, debido á refractancia do chan coa capa de gases superiores, e un defecto de visión, pola circ...

IXTORIAX

Imaxe
Pensamos cousas. Intentamos estruturalas e pasalas a limpo. Formulando teorías ou propoñendo xeitos de ver o mundo. E aparecen, non sempre, non todas, na Escola Nudista. Soñamos cousas. Durmidas ou espertas. E as veces, somos quen de poñelas branco sobre negro. Con máis ou menos ritmo, que nos din para onde van ir. Até agora era en Xainín ou en Círculos. Pero cada vez soñamos máis. Damos en pensar que isto ten a ver con que a realidade é cada vez máis ficción. Abrimos un novo escaparate, onde poder ir ofrecendo á vista ixtoriax , de vidas, de mundos, de tempos. Porque sabemos que se as deixamos no caixón da memoria dixital, acabaremos esquecéndoas. Compartilas... vainos obrigar a seguir manténdoas vivas. Ou fará que alguén decida darlles máis vida. Sempre fomos máis de empezar cousas que de rematalas.